Centro de maiores

No ano 1982, a entidade “LA OBRA DE LA SEÑORA”, puxo en marcha o seu centro residencial para Maiores, cando apenas existían centros para este colectivo, ante a necesidade acuciante de persoas que vivían solas e sen recursos. É grazas á iniciativa do fundador que adelantándose unha vez máis, nun labor subsidiario propia do Estado, anticípase a dar solución ás necesidades do seu tempo, construindo para elo unha pranta adicada a este fin, procurando os medios económicos necesarios , en créditos bancarios, rifas, cuestacións, donacións, etc.

Desde entón, as necesidades non deixaron de medrar… Xa saben: envellecemento da poboación, cambios culturais, un sinfín de razóns que poden imaxinar. É por iso que LA OBRA DE LA SEÑORA, vaise adaptando aos novos tempos, ampliando os seus servizos e medrando en número de residentes e dotación de servizos. Hoxe en día, cos seus dous centros de Maiores (Residencial e Centro de Día ) atende a un centenar de persoas.

Dispón de instalacións modernas, nun entorno envexable (Paseo Marítimo Rosales) que facilita que as visitas das familias se podan realizar sen largos desprazamientos, coa frecuencia que se queira.

Comments are closed.